Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Fene (expediente IN407A 188/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: alimentación LMTS estrada do peirao de Maniños-bombeo río Cadavo.

Situación: concello de Fene.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a CS estrada do peirao, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,778 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS ASN-705, tramo entre o CT Camiño Real (expediente 322/06) e o CT esquina a Xesteira (expediente 615/07), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3 (1×240) mm² Al, e final no CS estrada do peirao que instalará o cliente (entrada e saída).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña