Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45044

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publica a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de vicesecretario/a do Concello de Lugo, entre funcionarios con habilitación de carácter estatal.

De conformidade co disposto no artigo 37 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, en concordancia coa disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, e no exercicio da competencia atribuída polo artigo 15.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e a Orde do 22 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias, esta dirección xeral

DISPÓN:

Publicar as bases da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, entre funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, do posto de traballo de vicesecretario/a do Concello de Lugo que se xuntan como anexo a esta resolución, conforme as seguintes disposicións:

Primeira. O posto de traballo que se convoca poderá ser solicitado polos funcionarios con habilitación de carácter estatal, pertencentes á subescala e, se é o caso, categoría a que está reservado.

Non poderán concorrer á convocatoria os funcionarios que se atopen nas situacións previstas nas letras a) e b) do artigo 28 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro.

Segunda. Os interesados dirixirán as súas solicitudes á corporación convocante, dentro dos quince días naturais seguintes á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, e xuntarán á solicitude a documentación acreditativa de reunir os requisitos para o seu desempeño, nos termos que figuran na convocatoria.

Terceira. Os aspirantes deberán suxeitarse ás bases da convocatoria publicadas neste diario oficial.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2012

José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local

ANEXO

Decreto número 12009139.

José Clemente López Orozco, alcalde presidente do Concello.

Lugo, vinte e seis de outubro de dous mil doce.

Ao figurar vacante no cadro de persoal do Concello de Lugo o posto de vicesecretario/a, e considerando necesaria a súa provisión, de conformidade co disposto no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, en concordancia coa disposición adicional segunda e a disposición transitoria sétima da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, así como no disposto no Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, polo que se aproba o réxime xurídico deste persoal, no Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, relativo á provisión de postos reservados, así como no establecido na Lei 5/1997, de Administración local de Galicia, e no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de maio, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia.

Esta alcaldía, en virtude das atribucións conferidos polo artigo 37 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro,

RESOLVE:

A aprobación das bases e convocatoria para a provisión polo sistema de libre designación do posto de vicesecretario/a, entre funcionarios/as de habilitación de carácter estatal, que seguidamente se indican:

Bases e convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación do posto de traballo de vicesecretario/a do Concello de Lugo entre funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter estatal.

Corporación: Concello de Lugo.

Denominación do posto: vicesecretario/a.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico anual: 24.129,60 euros (referido a 12 mensualidades).

Obxecto:

Estas bases teñen por obxecto rexer a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, previsto no artigo 36 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, así como no parágrafo 5.2 da disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, o posto de vicesecretario/a reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter estatal.

Requisitos:

Será requisito indispensable para concorrer á convocatoria e poder desenvolver o posto no caso de ser nomeado/a, estar integrado/a na escala de habilitación estatal, subescala secretaría, categoría superior.

A titulación exixida é licenciado/a en Dereito, licenciado/a en Ciencias Políticas e de Administración, licenciado/a en Administración e Dirección de Empresas, licenciado/a en Economía, licenciado/a en Socioloxía, licenciado/a en Ciencias Actuariais e Financeiras ou o título de grao correspondente.

Para o cumprimento do establecido no Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, os/as aspirantes deberán acreditar, mediante a presentación coa solicitude de participación nesta convocatoria, estar en posesión do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou do seu equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

Aquelas persoas aspirantes que non acrediten estar en posesión do Celga 4 ou equivalente deberán facer unha proba en que se avaliará co resultado de apto ou non apto o grao de coñecemento de galego, que deberá ser equivalente ao exixido para o Celga 4.

Para estes supostos, o presidente da entidade local encomendará a realización da mencionada proba a dous/dúas técnicos/as especialistas en lingua galega designados/as polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

Non poderán concorrer á convocatoria os/as funcionarios/as que se atopen nas situacións previstas no artigo 28, parágrafos a) e b), do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

En consideración coa natureza do sistema de provisión, o nomeamento será realizado discrecionalmente pola Alcaldía, conforme o artigo 37 do Decreto 49/2009, en atención aos méritos libremente achegados polas persoas candidatas (tendo en consideración o currículum vítae que se adapte ao perfil descrito no anexo I destas bases, que deberá xuntarse coa solicitude, así como a experiencia noutros postos de traballo de similares características), e poderá declararse deserta a convocatoria se así se considerase oportuno, en uso das atribucións conferidas na lexislación de función pública para este tipo de procedementos de provisión.

A convocatoria seralle remitida pola Alcaldía á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e remisión ao Ministerio de Administracións Públicas.

Solicitudes:

As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou nas oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dentro dos 15 días naturais seguintes ao da data da súa publicación.

Ademais do contido mínimo previsto no artigo 70.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na solicitude deberá indicarse o número de rexistro persoal, a situación administrativa en que se atope a persoa solicitante, así como o seu destino.

Xunto coa solicitude, as persoas aspirantes presentarán o seu currículum vítae, no cal constarán os títulos académicos, os anos de servizo, os postos de traballo desempeñados na Administración, estudos e cursos realizados, coñecemento da lingua propia da Comunidade Autónoma, que deberán acreditar mediante certificación ou copia compulsada dos méritos que aleguen.

Así mesmo, prestarán declaración xurada de reunir os requisitos legais para participar nesta convocatoria, así como outros méritos que crean oportuno poñer de manifesto e a súa acreditación documental.

Nomeamento:

Concluído o prazo de presentación de instancias, o alcalde da Corporación procederá, de ser o caso, logo da constatación dos requisitos exixidos na convocatoria, a ditar a resolución correspondente no prazo dun mes, dándolle conta ao Pleno da Corporación e traslado ao órgano autonómico competente, para a anotación e publicación no Diario Oficial de Galicia.

En todo caso, deberá quedar acreditado no procedemento, como fundamento da resolución adoptada, a observancia do procedemento debido.

O/a funcionario/a nomeado/a para un posto de libre designación poderá ser destituído/a, con carácter discrecional, polo mesmo órgano que o/a nomeou, sempre que se lle garanta un posto de traballo da súa subescala e categoría na corporación, que deberá figurar na relación de postos de traballo desta, e cuxa remuneración non será inferior en máis de dous niveis á do posto para o cal foi designado.

Toma de posesión:

O prazo de toma de posesión no novo destino será de tres días hábiles se se trata de postos de traballo na mesma localidade, ou dun mes se se trata do primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse nos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución do concurso no Diario Oficial de Galicia.

Impugnación:

Contra o acordo de aprobación destas bases, que poñen fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o alcalde do Concello de Lugo, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

ANEXO I

Denominación

Nivel

Complemento específico

Grupo

Requisitos

Perfil

Vicesecretaría

30

24.129,60

euros/ano

A1

Funcionario/a con habilitación de carácter estatal (categoría superior)

Doutor en Dereito

Máster en Dirección de Administración Local (INAP)

Curso Superior de Dirección Pública Local (INAP)

Diploma de técnico urbanista do INAP

Experiencia acreditada de máis de 5 anos en secretaría de entidades locais en municipios de gran poboación ou deputacións provinciais

Experiencia acreditada de máis de 5 anos en funcións de secretario/a en sociedades mercantís locais

ANEXO II

Solicitude de participación en postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional, para prover polo sistema de libre designación

1. Datos persoais

Apelidos

Nome DNI

Domicilio (para os efectos notificacións e comunicacións):

Rúa e número

Código postal e localidade

Provincia Teléfono

NRP:

2. Datos profesionais

Subescala Categoría

Situación administrativa en que se encontra a persoa concursante

Destino actual

Forma e data de nomeamento no destino actual (definitivo ou provisional)

3. Datos do posto a que se concursa

Entidade local en que radica o posto

Provincia

Denominación do posto

Solicita tomar parte no proceso selectivo para cubrir o posto de ....................................................................................................................................., polo sistema de libre designación, cuxo extracto se fixo público no BOE ...................................., e declara non estar incurso/a en ningunha das causas de exclusión indicadas na base 2.3.

Lugar, data e sinatura

4. Relación de méritos que fai constar o aspirante