Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2012 pola que se fai publica a resolución do trámite informativo previo á adquisición de determinados bens de Bernardo Alfageme, S.A., anunciado por Resolución do 11 de setembro de 2012 (DOG núm. 175, do 13 de setembro).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, na súa xuntanza do 15 de novembro de 2012,

acordou:

Primeiro. Dar por finalizado o trámite informativo previo á adquisición de determinados bens de Bernardo Alfageme, S.A., anunciado por Resolución do 11 de setembro de 2012, DOG nº 175, do 13 de setembro, sen que proceda ter en conta a ningunha das ofertas presentadas para os efectos previstos na convocatoria por non cumprir os seus termos e finalidade.

Segundo. Notificar este acordo a todos os que aparezan como interesados neste procedemento, así como á administración concursal e ao Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2012

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica