Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44712

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de novembro de 2012 pola que se notifica a imposición dunha segunda multa coercitiva (expediente IU3/205/2011-B1), devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, por substitución da directora (artigo 3 do Decreto 51/2008, de 6 de marzo), o 23 de agosto de 2012, resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva a José Ramón Carid Pérez e Flora Blanco González, como consecuencia de incumprir a Resolución do 27 de maio de 2010, pola que se ordena a demolición dunha vivenda unifamiliar no lugar de Ribela, no termo municipal de Coles, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel no que se produza a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2012

Por substitución (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística