Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44584

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 16 de novembro de 2012 pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Orde do 1 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas a actuacións de mellora da eficiencia enerxética e seguranza nas instalacións de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (código do procedemento IN532A).

O día 8 de xuño de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 1 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas a actuacións de mellora da eficiencia enerxética e seguranza nas instalacións de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (código do procedemento IN532A).

No artigo 14.1 do anexo I da Orde do 1 de xuño de 2012 establécese que os beneficiarios terán ata o 30 de novembro de 2012 para presentaren a documentación xustificativa da subvención. Tendo en conta a data de resolución das devanditas axudas, motivada polos atrasos experimentados na tramitación das emendas de documentación e, co fin de viabilizar os procesos de execución e xustificación por parte dos beneficiarios resultantes sen que con iso se cause prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación.

De acordo co anterior, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

DISPOÑO:

Artigo único.

Amplíase ata o día 20 de decembro de 2012, inclusive, o prazo para a execución e xustificación dos investimentos que foron obxecto de subvención ao abeiro da Orde do 1 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas a actuacións de mellora da eficiencia enerxética e seguranza nas instalacións de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (código do procedemento IN532A).

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2012

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria