Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 8 de outubro de 2012, da Xefatura da Zona Norte de Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa dentro do dominio público portuario do porto de Celeiro.

Mario García Sanjuán en nome e representación da mercantil Inmo Xerion, S.L. presenta escrito de solicitude dunha concesión administrativa dentro do dominio público portuario do porto de Celeiro con destino á instalación dunha liña eléctrica de media tensión soterrada na rúa do porto.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte de Portos de Galicia, sitas na r/ Nicomedes Pastor Díaz nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 8 de outubro de 2012

Antonio López Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Norte de Portos de Galicia