Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44510

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO polo que se somete a información pública a solicitude de autorización para ampliación do cemiterio parroquial de San Pedro de Baroña.

Información pública de solicitude de autorización de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental.

Ao abeiro do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días a seguinte actividade:

Actividade: ampliación do cemiterio parroquial de San Pedro de Baroña.

Situación: lugar de San Pedro, parroquia de Baroña. Porto do Son (A Coruña).

Solicitante: Arcebispado de Santiago, representado por Construcciones Louzao Riveira, S.L.

A información pública será mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e exposición pública no taboleiro de edictos do concello. Comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente no Diario Oficial de Galicia, para que poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Porto do Son, 11 de outubro de 2012

José Luis Oujo Pouso
Alcalde presidente