Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44437

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2012 pola que se fai pública a adxudicación para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha praza desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo convocado pola Resolución do 1 de outubro de 2012 (DOG do 11 de outubro) para a provisión dunha praza mediante o sistema de libre designación,

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 16 de xaneiro de 2012, resolve facer pública a adxudicación do referido posto do xeito que se indica:

Nº de posto

Denominación

Centro

Apelidos e nome

Nº de rexistro persoal

137

Vicexerente do Campus da Coruña

Xerencia

Calaza Parajes, María Yolanda

3385397846A2051

A persoa interesada deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo).

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados a partir da publicación da presente resolución, de acordo co previsto na Lei reguladora da dita xurisdición.

A Coruña, 15 de novembro de 2012

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña