Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44485

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 30 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social (RL 2002/0476-4).

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a seguir, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a copia da sentenza xudicial recaída no procedemento abreviado número 163/2012, polo accidente laboral do traballador Antonio Pérez Mo.

Os documentos que constan nos expedientes son:

– Acta de infracción.

– Xustificante da notificación.

– Copia da sentenza xudicial.

Concédeselle un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que considere pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2002/0476-4.

Acta núm. 969/2002.

Empresa: Proyectos, Promociones y Obras de Arosa, S.L.

NIF/DNI: B-36306264.

Enderezo: r/ Nova A Torre, 11, Vilagarcía de Arousa.

Vigo, 30 de outubro de 2012

P.A. (Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
María Peón Fernández
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa