Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Denominación: recuamento da LMT ao CT Campobecerros novo trazado AVE.
Situación: Castrelo do Val.
Características técnicas:
LMT aérea a 20 kV de 280 m con condutor tipo LA 56/45,6 mm2, e con orixe na LMT existente ao CT (32AK64 Campobecerros) no poste proxectado (X:637382) (Y:4658391) e remate na mesma liña no poste proxectado (X: 637530) (Y:4658630).
Orzamento: 12.885,39 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Ourense, 2 de novembro de 2012
Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense