Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44278

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do Plan parcial S-15 travesía do Porto Sur.

A Xunta de Goberno local deste concello, en sesión celebrada o día 17 de agosto de 2012, acordou aprobar inicialmente o proxecto do Plan parcial do sector S-15, travesía do Porto Sur, situado no lugar do Milladoiro-Ames.

O que se fai publico de conformidade co establecido no artigo 86.1.a) da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (Lei 9/2002 e as súas modificacións posteriores), para que durante o prazo dun mes a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego, os interesados poidan examinar o expediente e presentar as alegacións que consideren oportunas.

Ames, 12 de novembro de 2012

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde