Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 16 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario 4753/2012, interposto pola Asociación Cabalar Monte Acibal de Amil e a Asociación Lobo.

Esta consellería recibiu da Sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número P.O. 4753/2012, interposto pola Asociación Cabalar Monte Acibal de Amil e a Asociación Lobo, contra o Decreto 142/2012, do 14 de xuño, polo que se establecen as normas de identificación e ordenación zoosanitaria dos animais equinos en Galicia (DOG núm. 129, do 6 de xullo).

En consecuencia, esta consellería acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como demandadas nos autos na Sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2012

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar