De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1-1ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Ourense, 7 de novembro de 2012
P.S. (Orde 24.9.2009)
Julio Díaz Salcedo
Xefe do Servizo de Contratación e Apoio Administrativo
ANEXO
Expediente: PES-OU-20/2012-V.
Interesado: Carlos Fernando da Fonte Ribeiro.
Acto de notificación: proposta de resolución de procedemento sancionador.
Expediente: CAZ-OU-25/2012-V.
Interesado: Fernando Augusto Afonso Benites.
Acto de notificación: proposta de resolución de procedemento sancionador.