Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos AC-EP 203/2012.

Intentada a notificación ao titular do establecemento que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditou resolución no expediente sancionador que se relaciona no anexo, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, terá que aboar a multa imposta nos períodos de pagamento voluntario sinalados no boletín de multas e sancións que será facilitado no Servizo de Administración Local e Interior desta xefatura territorial, sito no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, A Coruña.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados no punto anterior exixiranse en vía de constrinximento.

A Coruña, 8 de novembro de 2012

Ana Lado Eiriz
Xefa territorial da Coruña

ANEXO


expediente

Denunciado

Enderezo

Establecemento

Precepto
infrinxido

Precepto sancionador

Resolución

AC-EP 203/2012

Hostelería Villarrodís, S.L.

R/ San Andrés, 33, 5º, A Coruña

Sala Blu

(Arteixo)

Art. 23.ñ) da LO 1/1992

Art. 28 da LO 1/1992

305,00 €