Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 31 outubro de 2012 pola que se efectúa apercibimento de orde de desaloxo do departamento número 49, sito nas instalacións do porto de Barizo, autorizado a Fernando Varela García.

Intentada mediante correo certificado a notificación de orde de desaloxo (data do aviso de recepción do 14.6.2011) e non sendo posible por resultar ausente no seu domicilio, por medio desta cédula ponse en coñecemento que o día 31.12.2008 finalizou o prazo da autorización temporal do departamento nº 49 no porto de Barizo, ao non presentar a documentación solicitada.

Polo exposto, esta xefatura de zona, no que resulta da súa competencia,

RESOLVE:

Emitir orde de desaloxo inmediato do referido departamento o día seguinte da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. De non proceder ao desaloxo inmediato, aplicarase o disposto na regra 9ª da tarifa E-2 da Lei 6/2003, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, que di: «… No caso de ocupación de superficie sen contar con esta autorización, a tarifa que se aplicará durante o prazo de ocupación será o quíntuplo da que con carácter xeral lle correspondería…» ata que se efectúe o desaloxo por vostede, feito que deberá comunicar ao persoal de Portos de Galicia. No caso contrario, seguirase aplicando o disposto anteriormente, sen perxuízo da sanción que poida proceder.

Importe mensual da regra 10ª da tarifa E-2:

12 m2 × 0,038749 €/m2/día × 5=2,32494 €/día + IVE

No caso de non levar a cabo o desaloxo voluntario, Portos de Galicia reserva para si o dereito de efectualo á súa custa, pasándolle posteriormente os gastos orixinados e non responsabilizándose Portos de Galicia polos danos causados na retirada e transporte dos obxectos.

Contra esta orde, que non esgota a vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante a Dirección do ente público no prazo de un (1) mes a partir da súa recepción, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 31 de outubro de 2012

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da Zona Centro de Portos de Galicia