Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2012 Páx. 44112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as modificacións, disolucións e cancelacións das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas á Dirección Xeral de Produción Agropecuaria e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación modificadas, disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan:

A) Modificacións.

a) A Sociedade Agraria de Transformación Carballos Altos, SAT nº 951 XUGA, na asemblea xeral do 23 de xullo de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Ampliar o capital social por importe de 63.106,26 €, representados por 21 novos títulos de 3.005,06 €. O capital total pasa a ser de 162.273,24 €, representado por 54 títulos de 3.005,06 € cada un deles, e distribuído entre os socios da seguinte forma:

Carmen Lage Mourazos, 18 títulos, 54.091,08 € de capital social.

José María Orois Lage, 18 títulos, 54.091,08 € de capital social.

Luis Ángel Orois Lage, 18 títulos, 54.091,08 € de capital social.

2. Modificación do artigo 2 dos estatutos, que queda redactado da forma seguinte: o capital social cífrase en 162.273,24 € e estará representado por 54 títulos nominativos de 3.005,06 € cada un deles.

b) A Sociedade Agraria de Transformación do Ferreiro, SAT nº 1.125 XUGA, na asemblea xeral do 26 de febreiro de 2012, que ratifica a do 10 de novembro de 2011, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa por falecemento do socio Manuel García Teijeiro, que transmite os títulos que ten á súa muller Mª Albina Pita Pérez e fillos, Luis García Pita e Manuel García Pita.

Os outros dous fillos e herdeiros do socio falecido, Mª Sol García Pita e Aníbal García Pita, ceden os seus títulos á súa nai Mª Albina Pita Pérez.

2. Aprobar a alta da nova socia Mª Albina Pita Pérez.

3. Aprobar a baixa voluntaria de Florentina Rodríguez Acebedo, que transmite os 29 títulos que ten á nova socia Mª Albina Pita Pérez.

Como consecuencia da baixa e a transmisión de títulos entre socios, o capital social pasa a estar distribuído entre os socios da seguinte forma:

Luis García Pita, 1.055 títulos, 63.416,05 € de capital social.

Manuel García Pita, 1.055 títulos, 63.416,05 € de capital social.

Mª Albina Pita Pérez, 733 títulos, 44.060,63 € de capital social.

Mª Dolores Fernández Campo, 343 títulos, 20.617,73 € de capital social.

c) A Sociedade Agraria de Transformación As Pandas, SAT nº 1.384 XUGA, na asemblea xeral do 30 de xuño de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a elección da nova xunta reitora, que pasa a estar composta por Moisés Vispalia Pernas, presidente; Jaime Leal Vázquez, secretario; Asunción Domínguez Paredes, tesoureira; Nuria Vispalia Pernas e Juan José Pernas Fernández, vogais.

d) A Sociedade Agraria de Transformación Lado, SAT nº 1.117 XUGA, na asemblea xeral do 18 de xullo de 2012, que ratifica a do 8 de marzo de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa voluntaria de Mª Severina Barreiro Carrera, que transmite os 98 títulos que ten ao socio José Rodríguez Lurigados.

Como consecuencia da transmisión de títulos entre os socios, o capital social total non varía, queda un importe de 235.607,68 €, representado por 784 títulos de 300,52 € cada un deles, e distribuído entre os socios da seguinte forma:

Manuel Rodríguez Barreiro, 196 títulos, 58.901,92 € de capital social.

Alfonso Castro Folgueira, 196 títulos, 58.901,92 € de capital social.

Julio Castro Folgueira, 196 títulos, 58.901,92 € de capital social.

José Rodríguez Lurigados, 196 títulos, 58.901,92 € de capital social.

2. Aprobar a elección da nova xunta reitora, que pasa a estar composta por Manuel Rodríguez Barreiro, presidente; Alfonso Castro Folgueira, secretario; Julio Castro Folgueira e José Rodríguez Lurigados, vogais.

e) A Sociedade Agraria de Transformación O Cobo, SAT nº 1.215 XUGA, na asemblea xeral do 30 de xullo de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a elección da nova xunta reitora, que pasa a estar composta por José Oliveros Yáñez, presidente; Francisco Oliveros López, secretario; Mª Vicenta Oroza Cordido, Natalia Yáñez Santamarina, Blanca Fernández Teijo e Enma del Rosario González López, vogais.

f) A Sociedade Agraria de Transformación Gandería Iglesias, SAT nº 1.040 XUGA, na asemblea xeral do 1 de setembro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a ampliación do capital social por importe de 124.407,00 €, o que supón un aumento de 207 títulos.

Como consecuencia desta ampliación de capital social total, este queda distribuído entre os socios da seguinte maneira:

Alonso Iglesias Tojo, 267 títulos, 160.467,00 € de capital social.

Cándido Iglesias Turnes, 267 títulos, 160.467,00 € de capital social.

Rufina Tojo Botana, 267 títulos, 160.467,00 € de capital social.

2. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: o capital social cífrase en 481.401,00 € e estará representado por 801 títulos nominativos de 601,00 € cada un deles.

g) A Sociedade Agraria de Transformación San Antonio, SAT nº 1.076 XUGA, na asemblea xeral do 10 de setembro de 2012, que ratifica a do 3 de maio de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a elección da nova xunta reitora, que pasa a estar composta por José Antonio Paredes González, presidente; José Manuel Quiroga Peteiro, secretario; Antonio Escariz Vázquez, Jaime Lorenzo Montero e Jesús Alberto Buján Rodríguez, vogais.

h) A Sociedade Agraria de Transformación Pumariño, SAT nº 1.396 XUGA, na asemblea xeral do 20 de setembro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a elección da nova xunta reitora, que pasa a estar composta por Francisco Manuel Seoane Marzoa, presidente; José María Rodríguez Pérez, secretario; Ana María González Cabado e Divina Rivadulla Taboada, vogais.

i) A Sociedade Agraria de Transformación Labregos de Lugo, SAT nº 1.382 XUGA, na asemblea xeral do 14 de maio de 2009, toma os seguintes acordos:

1. Redenominar o capital social por cambio do valor do título de 1.000 € a 500 €, de forma que o capital social pase a ser de 21.000,00 €, representado por 42 títulos de 500,00 € cada un deles.

2. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: o capital social cífrase en 21.000,00 € e estará representado por 42 títulos nominativos de 500,00 € cada un deles.

3. Aprobar a baixa de Agrícola da Ribeira, SAT nº 1.362 XUGA, que transmite os 6 títulos que ten entre os restantes socios.

4. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a xunta reitora pasa a estar formada por seis membros.

5. Aprobar a elección da nova xunta reitora, que pasa a estar composta por Manuel Villanueva Gómez, presidente; Manuel Rodríguez Méndez, secretario; Pablo Pumar Alonso, tesoureiro; José Manuel Valín Rodríguez, Alberto Vázquez Amor e Xulio Rodríguez Bermúdez, vogais.

Na acta de asemblea do 15 de maio de 2009 toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a ampliación do capital social nun importe de 9.000,00 €, representados por 18 novos títulos de 500,00 € cada un deles.

Como consecuencia da transmisión de títulos e da ampliación do capital social, este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Manuel Villanueva Gómez, 10 títulos, 5.000,00 € de capital social.

Manuel Rodríguez Méndez, 10 títulos, 5.000,00 € de capital social.

Pablo Pumar Alonso, 10 títulos, 5.000,00 € de capital social.

José Manuel Valín Amor, 10 títulos, 5.000,00 € de capital social.

Alberto Vázquez Amor, 10 títulos, 5.000,00 € de capital social.

Horta Trigás, C.B., 10 títulos, 5.000,00 € de capital social.

2. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: o capital social cífrase en 30.000,00 € e estará representado por 60 títulos nominativos de 500,00 € cada un deles.

3. Modificar o artigo 1 do estatuto social da SAT, cambiando o enderezo social a Cachán, 6, 27744 Riotorto (Lugo).

j) A Sociedade Agraria de Transformación Monte de Entre as Augas, SAT nº 1.393 XUGA, na asemblea xeral do 17 de setembro de 2012, que ratifica a do 18 de xullo de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Modificar o artigo 10 do estatuto, tal e como consta na acta de asemblea do 18 de xullo de 2012.

k) A Sociedade Agraria de Transformación Dorna, SAT nº 1.305 XUGA, na asemblea xeral do 2 de xullo de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa voluntaria de Bautista Potente Rodríguez, que transmite os 359 títulos que ten a súa esposa María Sol López López.

Como consecuencia da transmisión de títulos entre os socios, o capital social total non varía, queda un importe de 395.400,00 €, representado por 3.954 títulos de 100,00 € cada un deles e distribuído entre os socios da seguinte forma:

Luis Castro Neira, 600 títulos, 60.000,00 € de capital social.

Ramón Cordido Astariz, 600 títulos, 60.000,00 € de capital social.

Marcos Gandoy López, 600 títulos, 60.000,00 € de capital social.

Consuelo López López, 718 títulos, 71.800,00 € de capital social.

María Sol López López, 718 títulos, 71.800,00 € de capital social.

María Pilar Neira Barrio, 718 títulos, 71.800,00 € de capital social.

2. Aprobar a elección da nova xunta reitora, que pasa a estar composta por Ramón Cordido Astariz, presidente; Consuelo López López, secretaria; María Pilar Neira Barrio, Marcos Gandoy López, Luis Castro Neira e María Sol López López, vogais.

3. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a xunta reitora pasa a estar formada por seis membros.

l) A Sociedade Agraria de Transformación Xuaneiro, SAT nº 980 XUGA, na asemblea xeral do 26 de setembro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Anular os acordos tomados na acta da asemblea do 29 de agosto de 2012.

2. Aprobar a elección da nova xunta reitora, que pasa a estar composta por José Manuel Ferreiro Turnes, presidente; Carmen Turnes Paredes, secretaria e María Pilar Noya Grela, vogal.

3. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta de asemblea do 26 de setembro de 2012.

B) Disolucións.

a) A Sociedade Agraria de Transformación Manzoy, SAT nº 485 XUGA, na asemblea xeral do 25 de setembro de 2009, que ratifica a escritura pública do 15 de decembro de 2009, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por Julia Gallego Ríos, Manuel Ferreiro Garrido e Ana Julia Ferreiro Gallego.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Granxa Vila, SAT nº 890 XUGA, na asemblea xeral do 27 de agosto de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por Constantino Vázquez Pérez e Constantino Vázquez Infante.

C) Cancelacións.

a) A Sociedade Agraria de Transformación Manzoy, SAT nº 485 XUGA, na asemblea xeral do 26 de novembro de 2009, que ratifica a escritura pública do 15 de decembro de 2009, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Monte Telleiras e Brañas, SAT nº 882 XUGA, na asemblea xeral do 1 de outubro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2012

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria