Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2012 Páx. 44083

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 13 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se comunica a realización da poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

O día 19 de decembro de 2012, ás 10.00 horas, no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Lugo (sito na rolda da Muralla, 70) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a continuación:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

Lote 1.Único

Dereitos hereditarios que ao debedor Luis Carballo López, lle poidan corresponder sobre a herdanza de Luis Carballo Vázquez, falecido o 3 de marzo de 2005, en estado de solteiro e sen deixar descendentes e que o debedor adquiriu, por metades e iguais partes con Mª Cristina Couto Silva segundo escritura outorgada o 9 de outubro de 2006 ante o notario de Monforte, Manuel Arturo Vidal Rodríguez, nº 577.

3.067,41

Sen cargas

3.067,41

100,00

Lote 2.Único

1. Predio 16.456/15. Tomo 390, libro 160, folio 147. Urbana. Praza de garaxe, sinalada co número 15 na planta de soto do edificio da rúa Greco 6, na vila de Sarria. Ocupa a superficie construída de 9,9 metros cadrados. Lindeiros: dereita, entrando, caixa de escaleiras; esquerda, espazo número 16; fondo; espazo número 14; e fronte, accesos. Titularidade: María del Carmen Díaz Pérez, 1/15 do pleno dominio, con carácter ganancial.

2. Predio 16.459/15. Tomo 390, libro 160, folio 148. Urbana. Rocho, sinalado co número 15 no edificio da rúa Grego 6, na vila de Sarria. Ocupa a superficie construída de 123,55 metros cadrados. Lindeiros: norte, co citado pasadizo; sur, con terreo ou edificio sinalado co número 4 da rúa El Greco; leste, paseo porticado común; e oeste, rúa El Greco. Titularidade: María del Carmen Díaz Pérez, 1/18 do pleno dominio, con carácter ganancial.

3. Predio 16.477. Tomo 371, libro 147, folio 166. Urbana. Vivenda, piso dúplex da cuarta planta, letra G, do edificio da rúa Greco 6, portal 1 na vila de Sarria. Ocupa a superficie útil de oitenta e dous metros cadrados. Lindeiros: norte, coa vivenda I en ambas as dúas plantas e oco de ascensor; sur, vivenda E; leste, corredor de acceso na cuarta planta e vivenda H na planta ático; e oeste, rúa El Greco. Titularidade: María del Carmen Díaz Pérez, 100 % do pleno dominio, con carácter ganancial. Ref. catastro 0281704 PH 3308 S 0022 RA.

107.520,16

23.776,26

83.743,90

500,00

Lote 3.Único

Predio 20.944. Tomo 644, libro 156, folio 198. Urbana. Vivenda, letra B, na primeira planta no edificio sito en Veiga de Lourido e Cantel, na vila de Foz. Ocupa a superficie de setenta e nove metros e cincuenta e seis decímetros cadrados. Correspóndenlle como anexos: un rocho en planta baixo cuberta sinalado co número once e unha praza de garaxe sinalada co número dous. Titularidade: Rosa Eiras Legaspi, 100 % do pleno dominio, con carácter ganancial. Ref. catastral 0760016 PJ 4206 S 0006 QR.

121.351,44

11.057,83

110.293,61

500,00

Lote 4.Único

Predio 26.987. Tomo 1145, libro 706, libro 217. Urbana. Vivenda situada na planta baixa ou primeira á dereita entrando do bloque número catro do Poboado do Sagrado Corazón, barrio de Burozos, da cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil de sesenta metros e setenta e tres decímetros cadrados. Ref. catastral 8240911 PH 1684 S 0001 GB. Titularidade: Mara Gabarri Montoya, pleno dominio, por título de compra.

40.805,85

22.119,33

18.686,52

300,00

Lote 5.Único

Predio. Predio. 19.921. Tomo 517, libro 210, folio 137. Vivenda en segunda planta alta no edificio sito en Celeiro, municipio de Viveiro. Ocupa a superficie útil de noventa e oito metros e corenta e nove decímetros cadrados. Titularidade: Francisco Javier González Lorenzo, pleno dominio por título de disolución de comunidade. Ref. catastral 3874820PJ1337S0007FE.

110.302,29

143.802,73

1.243,91

100,00

Lote 6.Único

1.480 participacións sociais de Baxoi Inversiones, S.L. con CIF: B27395169, números 1 ao 1.480 (ambas inclusive).

148.000,00

Sen cargas

148.000,00

500,00

Lote 7.1

Predio 1461. Tomo 745, libro 10. folio 202. Urbana. Vivenda, tipo C na planta primeira do portal nº 1 do edificio da rúa Súa Fonte 47 na vila de Burela. Ocupa a superficie útil de 77,87 metros cadrados. Correspóndelle como anexo o rocho sinalado con 1º D, na planta de faiado. Titularidade: María del Pilar Paz Teijeira, 100 % do pleno dominio con carácter privativo, por título de adxudicación por liquidación sociedade conxugal. Ref. catastral 2753007PJ3325S0105QD.

88.303,21

77.733,79

10.569,42

300,00

Lote 7.2

Predio 2446. Tomo 784, libro 18, folio 133. Urbana. Local comercial, na entreplanta do edificio sito na rúa Valle Inclán s/n, (hoxe Praza da Mariña), na vila de Burela. Ocupa a superficie útil de sesenta e seis metros cadrados. Titularidade: María del Pilar Paz Teijeira, 100 % do pleno dominio con carácter privativo. Ref. catastral 2558006PJ3325N0005UW.

81.908,97

43.301,38

38.607,59

500,00

Lote 8.Único

Dereitos hereditarios que á debedora Dolores Pérez Martínez lle poidan corresponder sobre a herdanza de Ángel Pérez Martínez, falecido o 15 de setembro de 2007. Foron declarados herdeiros Dolores Pérez Martínez, Eduardo Mon Eijo, Adán Mon Aguiar, Alba María Mon Aguiar e Dulce María Martinez Mon, segundo declaración de herdeiros con número de protocolo 365 do notario Francisco Manuel Mariño Pardo, de Foz; segundo expediente de sucesións nº 2008/27/005/00116 presentado na oficina liquidadora de Mondoñedo.

17.429,52

Sen cargas

17.429,52

300,00

Lote 9.1

Predio. 17.421. Tomo 387, libro 158, folio 44. Urbana. Solar, na rúa Gran Vía s/n, na vila de Sarria. Ocupa a superficie de 204,2 metros cadrados. Ref. catastral 0475607 PH 3307 N 0023 BP. Sobre este terreo estase a construír a seguinte edificación: vivenda unifamiliar composta de planta soto, planta baixa e planta primeira e baixo cuberta. Ocupa a superficie construída de douscentos setenta e tres metros e setenta decímetros cadrados. Titularidade: Matilde López Vázquez, 100 % do pleno dominio con carácter ganancial por título de obra nova.

214.989,41

209.557,01

5.432,40

100,00

Lote. 9.2

Predio. 22.540. Tomo 456, libro 206, folio 40. Rústica. Ciguñeira, destinada a prado, carballos e pasteiro e sita en Fontao, municipio de Sarria. Ocupa a superficie de cincuenta e catro mil trescentos cincuenta e nove metros cadrados. Son as parcelas 1035, 171, 170 e 191 do polígono 54. Titularidade: Matilde López Vázquez, 100 % do pleno dominio con carácter ganancial por título de agrupación. Na actualidade hai un campo de golf.

112.647,00

180.000,00

1.550,60

100,00

Lote 10.1

Predio 107.934. Tomo 1774, libro 1335, folio 195. Urbana. Parcela oito, sita no polígono do Ceao na cidade de Lugo. Ocupa a superficie aproximada de mil cento oitenta e seis metros e oito decímetros cadrados. Ref. catastral 7672135PH1677S0001IZ. Titularidade: Remedios Mondelo Pérez, pleno dominio, con carácter privativo por título de adxudicación en pagamento de débedas.

106.747,20

14.505,35

92.241,85

500,00

Lote 10.2

Predio 107.938. Tomo 1774, libro 1335, folio 196. Urbana. Parcela dez, sita no polígono do Ceao na cidade de Lugo. Ocupa a superficie aproximada de dúas mil seiscentos trinta metros e oitenta e catro decímetros cadrados. Ref. catastral 7672127PH1677S0001OZ. Titularidade: Remedios Mondelo Pérez, pleno dominio, con carácter privativo por título de adxudicación en pagamento de débedas.

236.775,60

97.505,35

139.270,25

500,00

Lote 11.1

Predio. 110.813. Tomo 1678, libro 1237, folio 123. Urbana. Edificio sito no primeiro camiño de Albeiros ou estrada de Frigsa, hoxe rúa Monte Faro, 171, da cidade de Lugo. Constituído por planta baixa de setenta e sete metros cadrados, dúas plantas altas cunha vivenda cada unha de sesenta e sete metros cadrados e faiado, sen uso determinado. Todo o conxunto ten pola súa banda posterior un terreo de vinte e dous metros con corenta decímetros cadrados. Ref. catastral: 7250318 PH 1675 S 0001 UP. Titularidade: Roberto Gómez Fernández, pleno dominio con carácter ganancial, por título de compra.

99.676,67

126.000,00

1.524,47

100,00

Lote 11.2

Predio. 117.352. Tomo 1794, libro 1355, folio 50. Urbana. Parcela no termo municipal de Lugo formando parte do Polígono Industrial O Ceao e sinalada co número cento corenta e dous. Ten unha superficie aproximada de douscentos oitenta e cinco metros cadrados. Titularidade: Roberto Gómez Fernández, 100 % pleno dominio do terreo formado por segregación, por título de compra, suxeito á condición resolutoria.

170.572,50

Sen cargas

170.572,50

500,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados na Zona de Recadación de Lugo, rua Conde, 30 baixo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos cales constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal pode efectuarse a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria e que, nos demais casos en que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade á súa celebración, un depósito do 20 % do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 %. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da realización da primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 % do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación e de quedaren bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa da poxa.

A mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes desde o do seu inicio, e poderá proceder á adxudicación dos bens se alguhna delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Lugo, 13 de novembro de 2012

Gonzalo Vázquez Rivas
Xefe territorial de Lugo e presidente da mesa