Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43739

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 20 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se lles dá publicidade ás bolsas concedidas ao abeiro da Orde do 24 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os titulados en ciclos formativos de acuicultura, que se tramita como gasto financiable para levar a cabo unha actividade elixible dentro do Programa operativo Fondo Social Europeo Galicia 2007-2013.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 10, do 16 de xaneiro de 2012, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 2546, ao final do título é necesario engadir: «..., eixe 3 e tema prioritario 72, cunha taxa de cofinanciamento do 80 %».