De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o trámite de audiencia realizado como consecuencia dun recurso de alzada interposto contra o Acordo da zona de concentración parcelaria de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra), por ser devolto polo servizo de Correos.
O interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano s/n, en horario de 9.00 a 14.000 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5º da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2012
Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural
ANEXO
Expediente: trámite de audiencia.
Interesado: Gumersindo Fontán Coto.
Último enderezo coñecido: Porráns, 36191 Barro (Pontevedra).
Acto notificado: como consecuencia do recurso de alzada interposto por Mª Carmen Pulleiro Silva contra o Acordo de concentración parcelaria da zona de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra), poño no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e que afecta a vostede.
Indicámoslle que esta proposta non supón ningunha adquisición de dereitos e está suxeita á correspondente resolución do recurso de alzada interposto.
O expediente estará á súa disposición nas oficinas do Servizo de Apoio (Concentración Parcelaria), na Consellería do Medio Rural e do Mar, edificios administrativos San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
Teléfono 981 54 47 68.
Modificación que se propón:
1. Modificar a configuración xeométrica do predio nº 537 do polígono 4 do Acordo (do propietario nº 457), que queda cunha superficie de 1.775 m2 e 621,25 puntos de valor.
2. Modificar a configuración xeométrica do predio nº 538 do polígono 4 do Acordo (do propietario nº 457), que queda cunha superficie de 689 m2 e 241,15 puntos de valor.