Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 31 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes ANP-OU-8/2012-V, PES-OU-44/2012-V, PES-OU-51/2012-V e PES-OU-53/2012-V.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, 1ª planta (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 31 de outubro de 2012

José César Losada Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: ANP-OU-8/2012-V.

Interesado: Iván Colmenero Laso.

Acto de notificación: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Expediente: PES-OU-44/2012-V.

Interesado: Cristinel Florín Luca.

Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.

Expediente: PES-OU-51/2012-V.

Interesado: Ioan Grigore Coprean.

Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.

Expediente: PES-OU-53/2012-V.

Interesado: Manuel da Silva Araújo.

Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.