Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 9 de novembro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica o trámite de audiencia concedido a María Alicia Mansilla Pérez en relación coa solicitude de compatibilidade.

Con data do 24 de outubro de 2012 concedeuse trámite de audiencia a María Alicia Mansilla Pérez en relación coa solicitude de compatibilidade formulada por ela.

Intentada a notificación da concesión do citado trámite a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foi devolta polo dito servizo por «non retirado» tras os dous intentos en que consta «ausente repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio notifícalle a María Alicia Mansilla Pérez a concesión do trámite de audiencia antes referido.

A interesada pode recoller a notificación do trámite de audiencia mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, a interesada é informada de que, de conformidade co artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, transcorrido o devandito prazo sen que compareza se terá por efectuado o trámite e se seguirá o procedemento para a resolución do expediente de compatibilidade.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública