Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43820

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 25 de outubro de 2012, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica á persoa interesada a resolución de baixa no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante esta cédula notifícaselle á interesada, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, a resolución de baixa no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia tramitada ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación, consonte o previsto no artigo 114 da citada Lei 30/1992.

Ourense, 25 de outubro de 2012

José Manuel González García
Xefe da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Josefa Rodríguez Gavilanes.

Libertad, 35-baixo, 32003 Ourense.

Credencial: 52434.