Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación de resolucións de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos cuxo número se cita no anexo.

Contra estas resolucións as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberán aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que poden recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no dito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo constar o número do expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 2 de novembro de 2012

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº expte.

Precepto infrinxido

Último domicilio

Resolución

Roberto Montero Novo

34637122-L

LU-E 62/12

26.e) LO 1/1992

Avda. Deputación nº 3 porta B, O Valadouro

Multa de 300 €

Pedro Jesús Cruz Santamaría

33556541

LU-E 85/12

26.e) LO 1/1992

R/ Río Sil nº 37-4º B, Lugo

Multa de 300 €

María Ángeles de la Fuente Iglesias

33271714

LU-E 86/12

23.o) en relación co 26.e) LO 1/1992

R/ do Porto nº 17-2º C, Foz

Multa de 450 €

Manuel Fanego Campo

33314865

LU-E 89/12

26.e) LO 1/1992

Lugar de Ousá nº 2, Friol

Multa de 90 €