Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2012, do presidente de Portos de Galicia, pola que se somete a información pública a delimitación de espazos e usos portuarios do porto do Grove e das instalacións da Toxa.

O ente público Portos de Galicia elaborou a delimitación de espazos e usos portuarios do porto do Grove e das instalacións da Toxa (Pontevedra) en cumprimento do artigo 69 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable aos portos competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en defecto de lexislación autonómica propia.

Este documento sométese a información pública para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, dispondo para isto do prazo de 45 días que se contarán a partir do día seguinte da data da publicación deste anuncio.

As reclamacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais do ente público, situadas na praza de Europa, nº 5A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da zona sur de Portos de Galicia, rúa Benito Corbal, 37, 3º, 36071 Pontevedra, onde se poderá tamén examinar o documento referido durante o prazo indicado e nos días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, a documentación estará á disposición na web www.portosdegalicia.com, na parte de pregos e documentos.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia