Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2012 Páx. 43639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Como Cabras, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación dos estatutos sociais da entidade Como Cabras, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na asemblea xeral de data 1 de outubro de 2012, no Rexistro Provincial de Cooperativas. O seu novo domicilio social é Finca Os Pelosos, estrada OU-536 km 44.300, concello de Castro Caldelas, provincia de Ourense.

Ourense, 29 de outubro de 2012

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense