Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2012 Páx. 43541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 17 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento, polo procedemento de poxa pública, duns bens inmobles situados no concello de Vigo.

Ás 12.00 horas do día 18 de decembro de 2012 terá lugar no salón de actos do edificio administrativo situado na rúa Concepción Arenal nº 8 de Vigo, perante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, a primeira poxa pública do seguinte lote de bens inmobles patrimoniais da Comunidade Autónoma de Galicia, dos que foi acordado o seu alleamento pola Orde da Consellería de Facenda do 20 de xullo de 2012.

Trátase de dous pisos conectados (segundo esquerda e segundo dereita), situados na rúa Uruguai nº 4 de Vigo, cunha extensión superficial de 281 m2.

Inscritos no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, como predios 25.118 e 25.119 no libro 59. Referencias catastrais: 3362002NG2736S0006YW e 3362002NG2736S0007UE.

Tipo de licitación: 477.700 euros.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do inmoble perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán pola conta do adxudicatario os custos do anuncio así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe o presente alleamento está á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda (http://www.conselleriadefacenda.es).

Para poder visitar os pisos deberase concertar cita previa. Teléfonos de información: 881 99 90 55/981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2012

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda