Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2012 Páx. 43604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 12 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a Excavaciones H. Otero, S.L. para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e ao no ser posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo, por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, por medio deste anuncio emprázase a interesada sinalada no anexo para ser notificada por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os actos foron adoptados polas oficinas liquidadoras do distrito hipotecario que se citan.

A interesada, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas liquidadoras que se citan, no enderezo que se expresa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 12 de novembro de 2012

Regina Losada Trabada
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Oficina Liquidadora de Santiago

Praza da Constitución, s/n (Edificio Rexistros)

15702 Santiago de Compostela

Interesado

NIF/CIF

Procedemento

Excavaciones H. Otero, S.L.

CIF: B15209232

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Exp. T-7068/2007

Liquidación: 600071001755