Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43355

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2012 pola que se procede á publicación da resolución da sentenza do procedemento ordinario 1056/2010, que anula a Resolución do 30 de setembro de 2010 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a particulares para a compra de mobles de madeira para o fogar e colchóns (Plan Remóblate Galicia), publicada no Diario Oficial de Galicia número 211, do 3 de novembro de 2010.

En cumprimento do establecido no artigo 72 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa,

RESOLVO:

Publicar a resolución da Sentenza 906/2012, da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1ª, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 20 de xuño de 2012:

«Decidimos que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación Nacional de Grandes Empresas de Distribución contra a Resolución do 30 de setembro de 2010, do Instituto Galego de Promoción Económica, pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas a particulares para a compra de mobles de madeira para o fogar e colchóns (Plan Remóblate Galicia), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva e, en consecuencia, declaramos a súa nulidade; sen facer imposición das custas».

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2012

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica