Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.
Denominación: LMTS e CT parque empresarial Vilar de Santos.
Situación: Vilar de Santos.
Características técnicas:
LMT subterránea a 20 kV de 458 m, con condutor RHZ1 e orixe na LMT existente ALL803 ao CT 32CV75 (área industrial), e remate no CT proxectado prefabricado de 630 kVA e R/T 20.000/400-230 V situado no polígono 501, parcela 21230 de Vilar de Santos.
Orzamento: 55.164,17 euros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Ourense, 17 de outubro de 2012
Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense