De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar a notificación.
Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral para o Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.
De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias deste departamento territorial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 5 de decembro).
A Coruña, 30 de outubro de 2012
Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa do Servizo de Turismo da Coruña
ANEXO
Expediente: AC-80/12.
Denunciada: Adriana Yáñez Hermida.
NIF: 34883511D.
Establecemento: café bar Kendall´s.
Enderezo: rúa Fernando Macías, 29.
Localidade: A Coruña.
Precepto infrinxido: artigo 69.a).1, 2 e 5 da Lei 14/2008.
Resolución: 1 de outubro de 2012.
Sanción: multa de douscentos vinte e cinco euros (225 €).