Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43314

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de modificación de pregos (expediente O-27/2012).

En relación co expediente relativo á contratación das obras incluídas no proxecto de reforma de edificio para centro de día e fogar social Nova Boandanza, no marco do proxecto integral de rexeneración urbana do Agra del Orzán da Coruña, obras financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco da iniciativa Urban do eixe 5 de Desenvolvemento Local e Urbano do Programa operativo rexional de Galicia (cofinanciamento do 80 % do gasto elixible), publicado no Diario Oficial de Galicia con data do 5 de novembro de 2012, páxina 41380, comunícase que por Resolución do 9 de novembro de 2012 se emenda erro detectado no apartado 2.1 do criterio de valoración A.2. (Programa de construción das obras), do anexo IV do prego de cláusulas administrativas particulares regulador da contratación, no cal deberá figurar VT máx. 9, no lugar da VT máx. 4 que figura actualmente.

Segundo o artigo 75 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos, o prazo de presentación de ofertas será de trece (13) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de novembro de 2012

P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública