Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Monforte (expediente IN407A 2012/77-2, 8045 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: subestación Monforte 132 kV-ampliación MT.

Situación: concello de Monforte.

Características técnicas: a ampliación consiste na reforma do parque de 20 kV, o cal se equipa cunha nova celda de simple barra de protección de liña equipada con:

– Simple xogo de barras xerais de 2.000 A, 25 kV.

– Un interruptor extraíble tripolar de corte en baleiro 1250ª, 25 kV, tipo 3AH5 de Siemens.

– Tres transformadores de intensidade 200-400/5-5ª, tipo ACJ-24 de Arteche.

– Un seccionador tripolar de posta á terra, tipo EJ24/25 de Electrotaz.

– Un transformador toroidal de intensidade abrible 60/1 1 A sobre os tres cables unipolares de liña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 22 de outubro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo