Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 43047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2012 pola que se anuncia a licitación do expediente núm. 2012/1006, cofinanciado nun 70 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder-Programa operativo infraestrutura científico-tecnolóxico, MICINN 2010 UNLC10-1E-728) e dos expedientes núm. 2012/1007 e 2012/1008.

– Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica-Sección de Contratación.

2) Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña. R/ Maestranza, núm. 9-1º andar.

3) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

4) Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1118, 1038).

5) Telefax: +34 981 16 70 20.

6) Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.es/contratacionadministrativa

8) Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

* Número de expediente: 2012/1006.

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición de clúster heteroxéneo de arquitecturas emerxentes, cofinanciado nun 70 % polo Fondo Europeo de Desarrrollo Regional (Feder-Programa operativo infraestrutura científico-tecnolóxico, MICINN 2010 UNLC10-1E-728).

c) Lugar de execución/entrega: Facultade de Informática.

1) Domicilio: Campus de Elviña, s/n.

2) Localidade e código postal: 15071, A Coruña.

d) Prazo de execución/entrega: 1 mes.

e) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 48820000-6.

– Valor estimado do contrato: 150.404,45 euros.

– Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 124.301,20 euros. Importe total: 150.404,45 euros.

* Número de expediente: 2012/1007.

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición do software necesario para a virtualización de 800 postos de traballo (escritorios virtuais).

c) Lugar de execución/entrega: Edificio de Servizos Centrais de Investigación (ESCI).

1) Domicilio: Campus de Elviña, s/n.

2) Localidade e código postal: 15071, A Coruña.

d) Prazo de execución/entrega: 4 anos para a execución e 6 semanas para a entrega de licenzas.

e) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 48517000-5.

– Valor estimado do contrato: 175.500,00 euros.

– Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 145.041,32 euros. Importe total: 175.500,00 euros.

* Número de expediente: 2012/1008.

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de infraestrutura hardware para a implantación dunha solución de escritorios virtuais.

c) Lugar de execución/entrega: Edificio de Servizos Centrais de Investigación (ESCI).

1) Domicilio: Campus de Elviña, s/n.

2) Localidade e código postal: 15071, A Coruña.

d) Prazo de execución/entrega: 6 semanas.

e) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 30211300-4.

– Valor estimado do contrato: 169.400,00 euros.

– Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 140.000,00 euros. Importe total: 169.400,00 euros.

– Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

– Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.00 h, do décimo quinto día natural que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo finaliza en sábado o día inhábil, trasladarase ao seguinte día hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade da Coruña.

2) Domicilio: Reitoría, r/ Mestranza, núm. 9.

3) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Enderezo: Reitoría, r/ Mestranza, núm. 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

d) Data e hora:

1) Apertura do sobre B: o cuarto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 h. Se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

2) Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil do contratante o día e hora en que terá lugar.

– Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxudicatarias a prorrateo.

– Outras informacións: número de expediente 2012/1006. O adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8-9 do Regulamento CE núm. 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello e concordantes, relativo ao Feder.

A Coruña, 5 de novembro de 2012

P.D. (Resolución 16.1.2012)
Juan M. Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña