Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 43045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 30 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a interposición de recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 307/12, de José Ramón Díaz Novo contra a desestimación presunta por silencio administrativo de recurso de alzada interposto contra o acordo de concentración parcelaria de Val de Alfoz (Alfoz-Lugo).

En cumprimento do establecido nos artigos 48 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, notifícase que se acordou remitir ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1 da Coruña, o expediente relativo ao recurso contencioso-administrativo interposto por José Ramón Díaz Novo contra desestimación presunta por silencio administrativo de recurso de alzada interposto contra o acordo de concentración parcelaria de Val de Alfoz (Alfoz-Lugo).

Así mesmo, emprázanse as persoas interesadas no procedemento para que poidan comparecer ante o mencionado tribunal asistidos de avogado, no prazo de nove días, contados desde o seguinte á publicación deste anuncio, se o consideran conveniente.

De non comparecer no prazo citado continuará o procedemento polos seus trámites, sen que teña que practicárselles notificación de ningunha clase.

O que se fai público para os efectos de notificación e emprazamento aos interesados no procedemento.

Lugo, 30 de outubro de 2012

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo