Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 43024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 25 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a notificación de acordo de inicio do procedemento de reintegro dunha axuda do Programa de creación de novos empregos para mozos e mozas titulados/as nas empresas de menos de 30 persoas traballadoras, regulada na Orde do 26 de marzo de 2008 (Diario Oficial de Galicia núm. 63, do 2 de abril) relativa ao expediente TR347C 2008/4-1.

Intentada a notificación da dita resolución segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para que poida realizar as alegacións e presentar documentación que xulgue oportuna, no prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación presentada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 25 de outubro de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR347C 2008/4-1.

Nome ou razón social: Formularios del Noroeste, S.A.

DNI/NIF: A15209307.

Último enderezo coñecido: estrada 550, km. 9 (Alvedro) 15180 Culleredo (A Coruña).

Data da resolución: 31.7.2012.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.