Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42755

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2012 pola que se fai pública a relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión dunha praza de socorrista, vacante no cadro de persoal laboral de administración e servizos da Universidade da Coruña, convocadas pola Resolución do 22 de marzo de 2011.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para a provisión dunha praza de socorrista (grupo IVA), da vixente relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade da Coruña, convocado pola Resolución do 22 de marzo de 2011 (DOG do 15 de abril), e á vista da proposta de persoas aspirantes aprobadas feita polo tribunal que xulga estas probas.

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada por Resolución do 16 de xaneiro de 2012,

RESOLVE:

Facer pública a relación definitiva de persoas aprobadas nestas probas selectivas, que son as que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), a persoa interesada poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o reitor no prazo dun mes, ou directamente recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses na forma e nas condicións que están previstas na lei reguladora da dita xurisdición, que contan a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

A Coruña, 31 de outubro de 2012

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión dunha praza de socorrista, vacante no cadro de persoal laboral de administración
e servizos da Universidade da Coruña, convocadas pola Resolución do 22
de marzo de 2011 (DOG do 15 de abril)

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

32829514G

Torreiro Vázquez, Jacobo

90,25