Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42827

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2012 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 no segundo cuadrimestre do ano 2012.

En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2012

José Antonio Iglesias Vázquez
Director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e Concello da Coruña

Convenio de colaboración para a implantación do programa Alerta Escolar na rede de escolas infantís municipais do concello da Coruña

11.7.2012

Non ten