Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 23 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2012/279-1 e RL 2012/418-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: RL 2012/279-1.

Acta inf. nº: I152012000068873.

Empresa: Cosar XXI, S.L.

NIF: B70188172.

Enderezo: O Casal, Seira, s/n, 15911 Rois.

Materia: traballo (atraso aboamento do salario).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.f) e 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigos 5 e 8.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade co artigo 39 do dito texto legal (falta moi grave en grao mínimo).

Data da resolución: 9.10.2012.

Resolución: anular a acta de infracción á empresa Cosar XXI, S.L. por caducidade das actuacións previas.

Expediente nº: RL 2012/418-1.

Acta inf. nº: I152012000077058.

Empresa: Plantel Servicios y Obras, S.L.

NIF: B70032313.

Enderezo: rúa José Ángel Valente, 15, baixo, 15706 Santiago de Compostela.

Materia: traballo (falta de comparecencia a citación da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social).

Normativa infrinxida: artigo 11 da Lei 42/1997, do 14 de novembro.

Tipificación: artigos 50.1 e 2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade cos artigos 39.1 e 2 e 40.1 do dito texto legal, (falta grave en grao medio).

Data da resolución: 10.10.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Plantel Servicios y Obras, S.L. unha sanción por importe de tres mil cento vinte e cinco euros (3.125 €).

A Coruña, 23 de outubro de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña