Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 23 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de conservación da natureza LU-RES 2012/026 e LU-RES 2012/035.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola instrutora do procedemento sancionador e polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, respectivamente.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 23 de outubro de 2012

José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2012/026.

Interesado: Doru Iuca.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2012/035.

Interesado: Razvan Roua.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.