Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42707

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

EDICTO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza municipal para apertura dun taller de reparación de vehículos.

Sergio Díaz Pérez solicitou neste Concello licenza municipal de apertura dun establecemento dedicado a taller de reparación de vehículos, na rúa 9 número 26 A do polígono industrial deste concello.

De conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo termo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do Concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar desde a última publicación, poida examinarse o expediente na secretaría deste Concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 6 de novembro de 2012

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde