Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42696

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 29 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o trámite de audiencia realizado como consecuencia dun recurso de alzada contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Santa Baia de Losón (Lalín-Pontevedra), devolto polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o trámite de audiencia realizado como consecuencia dun recurso de alzada interposto contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Santa Baia de Losón (Lalín-Pontevedra), por ser devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas na avda. Fernández Ladreda, nº 43, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Pontevedra, 29 de outubro de 2012

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial da Consellería de Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente: trámite de audiencia.

Interesada: Prima Montoto Mendoza

Último enderezo coñecido: Santa Baia de Losón, s/n, CP 36512 Lalín (Pontevedra).

Acto notificado: como consecuencia do recurso de alzada interposto por Jorge Fuentes Montoto en representación de Milagros Montoto Sanmartín e José Fuentes Madriñán contra as bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Sta. Baia de Losón (Lalín-Pontevedra), poño no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e que afecta a vostede.

Indicámoslle que esta proposta non supón ningunha adquisición de dereitos e está supeditada á correspondente resolución do recurso de alzada interposto.

Modificación que se propón:

Referente ao propietario nº 267, Milagros Montoto Sanmartín: dar de baixa a parcela nº 17 do polígono 5 e as parcelas nº 21 e 48 do polígono 6, no boletín individual da propiedade de Prima Montoto Mendoza ( prop. nº 226). Dar de alta a parcela nº 17 do polígono 5 e as parcelas nº 21 e 48 do polígono 6, no boletín individual da propiedade de Milagros Montoto Sanmartín (prop. nº 267), con carácter ganancial.

Referente ao propietario nº 62, José Fuentes Madriñán: dar de baixa as parcelas nº 60 e 112 do polígono 6, no boletín individual da propiedade de Prima Montoto Mendoza (prop. nº 226). Dar de alta as parcelas nº 60 e 112 do polígono 6, no boletín individual da propiedade como achegas do propietario José Fuentes Madriñan (prop. nº 62), con carácter ganancial.