Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 181/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: alimentación LMTS polígono Pena Porreira-parcela C-2.

Situación: concello das Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a CS cliente, a 20 kV, cunha lonxitude de 412 m, coa orixe en cela modular de liña telecontrolada proxectada en CT Pena Porreira, nº 1 (expediente 329/2007), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3(1×240 mm² Al), e final en centro de seccionamento que vai instalar o cliente.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a centro de distribución 3L telecontrolado proxectado, a 20 kV, cunha lonxitude de 1.332 m, coa orixe en centro de seccionamento que vai instalar o cliente, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3(1×240 mm² Al), e final en centro de distribución 3L telecontrolado proxectado.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a CT Pena Porreira nº 3 (expediente 329/2007), a 20 kV, cunha lonxitude de 10 m, coa orixe en centro de distribución 3L telecontrolado proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3(1x240 mm² Al), e final en cela modular de liña proxectada en CT Pena Porreira, nº 3 (expediente 329/2007).

– Liña eléctrica de media tensión subterránea en tramo entre CT Pena Porreira, nº 3 (expediente 329/2007)-CS Delicias Coruña, a 20 kV, cunha lonxitude de 190 m, coa orixe na LMTS MOL-826 entre CT Pena Porreira nº 3 (expediente 329/2007) e CS Delicias Coruña, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3(1×240 mm² Al), e final na LMTS MOL-826 entre CT Pena Porreira nº 3 (expediente 329/2007) e CS Delicias Coruña.

– Centro de distribución 3L telecontrolado en edificio prefabricado de formigón manobra exterior.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 15 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña