Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42426

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

EDICTO de información pública sobre ampliación de actividade de Norverto Ned Factory, S.L.

Solicitado desta alcaldía por Norvento Ned Factory, S.L.U., con CIF B27428648, licenza municipal para a ampliación de actividade para fabricación de pas para aeroxeradores nunha industria de ensamblaxe de compoñentes para aeroxeradores no polígono industrial, parcelas 13 e 14 (2ª ampliación do polígono industrial de Vilalba), e en cumprimento o disposto no artigo 8, número 3, do Decreto 133/2008, de 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de 20 días (contados a partir da última publicación deste edicto no DOG e no BOP), coa finalidade de que durante este período poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que se xulguen oportunas.

Vilalba, 15 de outubro de 2012

Gerardo Criado Guizán
Alcalde