Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42343

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (194/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 194/10, deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Manuel Roldán Otero contra a empresa Tecnología de la Construcción, S.A., Armando Betancón Álamo, Francisco Javier Ramos Torre, Alejandro Latorre Atance e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte sentenza cuxa parte dispositiva se xunta:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Luis Manuel Roldán Otero contra a empresa Tecnología de la Construcción, S.A. e os administradores concursais Armando Betancor Álamo, Francisco Javier Ramos Torre e Alejandro Latorre, e, por iso, debo condenar e condeno os demandados a aboar ao demandante a cantidade de 2.165,33 euros, á que será de aplicación unha recarga por demora do 10 % anual (isto é, 216,53 euros anuais por demora). Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que ao Fondo de Garantía Salarial corresponda dentro dos límites legais.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación no presente órgano xudicial para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (A Coruña), dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, logo do depósito das cantidades obxecto de condena e cos requisitos exixidos no artigo 190 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación de forma legal a Tecnología de la Construcción, S.A., Luis Manuel Roldán Otero, Armando Betancón Álamo, Francisco Javier Ramos Torre e Alejandro Latorre Atance, en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que teñan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2012

A secretaria xudicial