Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo de recollida, transporte, lavado, pasado de ferro e hixienización da roupa desta xerencia (AB-EIP1-12-001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde (Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIP1-12-001.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de recollida, transporte, lavado, pasado de ferro e hixienización da roupa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) Lote: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 98310000-9.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 26.6.2012.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 2.291.193,45 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 935.181,00 euros.

b) Importe total: 1.103.513,58 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 14.8.2012.

b) Data de formalización do contrato: 10.9.2012.

c) Contratista: Fundosa Lavanderías Industriales, S.A.U. (CIF A79475729).

d) Importe ou canon de adxudicación:

• Importe neto: 848.856,60 euros.

• Importe total: 1.027.116,49 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Pontevedra, 27 de setembro de 2012

P.D. (Artigo 5 da Orde 5.7.2012)
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés