Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Campo Lameiro (expediente IN407A 2012/269-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMT, CT Bernardo Sagasta.

Situación: Campo Lameiro.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 259 metros de lonxitude, con orixe e final no paso aero-subterráneo proxectado no apoio C-2000-16 existente da saída SJG806, unha vez entre e saia do CT Campo Lameiro na súa nova situación. Centro de transformación de 400 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na rúa Bernardo Sagasta, A Lagoa, Campo Lameiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avda. Fernández Ladreda, 43-5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 30 de outubro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra