Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2012 pola que se aproba a segunda modificación do documento da delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Sada-Fontán (A Coruña).

A Área de Explotación e Planificación Portuaria do ente público Portos de Galicia redactou e tramitou o documento da segunda modificación do Plan de utilización dos espazos portuarios do porto de Sada-Fóntán, instalación portuaria situada na provincia da Coruña e adscrita ao ente público para a súa xestión. Este documento foi redactado de acordo coa súa nova formulación e denominación prevista no artigo 69 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro (Boletín Oficial del Estado núm. 253, do 20 de outubro), aplicable ao dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en defecto de lexislación autonómica propia.

Na reunión do Consello de Administración de Portos de Galicia, que tivo lugar o día 18 de outubro de 2012, este acordou darlle a súa conformidade á segunda modificación do documento de delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Sada-Fontán, na súa nova denominación, segundo o disposto no artigo 13.e) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o regulamento do ente público, modificado polo Decreto 83/2002, do 28 de febreiro; e no referido artigo 69 do texto refundido, así como elevalo e propoñelo para a súa aprobación.

Unha vez visto o expediente e o informe-proposta do director de Portos de Galicia do 11.10.2012, así como o Acordo do Consello de Administración de Portos de Galicia do 18.10.2012 que lle dá a conformidade á segunda modificación do documento de delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Sada-Fontán, e elevado e proposto para a súa aprobación, o presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, por delegación da conselleira do Medio Rural e do Mar, conferida pola Orde do 30 de marzo de 2012,

RESOLVO:

Aprobar a segunda modificación do documento de delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Sada-Fontán (A Coruña), asinado en xuño de 2012 polos enxeñeiros de camiños, canles e portos Andrés D. Cervantes Refojos, xefe do Departamento de Planificación Portuaria, e por Ana Isabel Calzadilla Bouzón, xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria.

O que se fai público en cumprimento do artigo 69.6 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia