Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2012 pola que se anuncia a licitación por lotes, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación urxente e expediente anticipado de gasto, dun contrato de servizos suxeito a regulación harmonizada.

Contratación por lotes (A, B e C) dos servizos de conservación, mantemento e mellora das instalacións eléctricas dos portos pertencentes a Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Dirección de Operacións.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: os servizos obxecto deste contrato comprenden a execución das operacións de conservación, mantemento e mellora das instalacións eléctricas dos portos pertencentes a Portos de Galicia que para cada lote se especifican no prego de prescricións técnicas particulares (PPT). Os licitadores poderán optar, segundo a súa elección, a un ou varios dos lotes que constitúen o obxecto deste contrato.

b) División por lotes e número de lotes/ número de unidades: o contrato divídese en 3 lotes, descritos no PPT. Lote A: portos de Ribadeo a Redes. Lote B: portos de Fisterra a Porto do Son. Lote C: portos de Corrubedo ao Carril.

c) Lugar de execución ou de entrega dos bens: os servizos serán executados nos portos pertencentes a Portos de Galicia que para cada lote se indican no PPT.

d) Valor estimado total do contrato: 261.923,33 euros, IVE excluído.

e) Orzamento total de licitación: douscentos sesenta e un mil novecentos vinte e tres euros con trinta e tres céntimos (261.923,33 €), IVE excluído. Importe neto por lotes: Lote A: 97.980,00 euros. Lote B: 87.273,33 euros. Lote C: 76.670,00 euros.

f) Importe total do IVE (21 %): 55.003,90 euros.

g) Prazo de execución: vinte (20) meses.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente; expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración (sistema multicriterio).

4. Garantías.

a) Provisional: non se exixen.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, IVE excluído; deberase constituír unha para cada un dos lotes.

5. Obtención de documentación e información.

a) Solicitude de información e consultas sobre os pregos: faranse a través de correo electrónico, dirixidos á seguinte conta de correo: laura.gonzalez.gurgueiro@xunta.es

Teléfono: 881 88 16 45.

b) Obtención de documentación: o PPT, o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP), o cadro de características do contrato (CCC) e os seus correspondentes anexos, poderanse obter no perfil de contratante, no seguinte enderezo: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18160

Neste perfil poderase facer o seguimento das diversas fases do procedemento de contratación.

c) A data límite de obtención de documentación e información coincide coa data límite de presentación de ofertas, establecida no número 7.a) deste anuncio.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: no caso de optar a máis dun lote, será a exixida en virtude do disposto no punto 9.1 do CCC.

Neste caso, os licitadores tamén deberán acreditar a súa solvencia técnica, conforme o disposto no punto 9.2.2.B/ do CCC, en relación cos medios humanos e materiais mínimos exixibles.

b) Outros requisitos: no suposto de non resultar exixible a clasificación, os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica e técnica conforme o disposto nos puntos 9.2.1 e 9.2.2.A/, respectivamente, do CCC.

En todo caso, os licitadores deberán observar o cumprimento de todos os demais requisitos que, de ser o caso, se atopen especificados tanto no PCAP como no PPT.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará o 26 de decembro de 2012, ás catorce (14.00) horas.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado nos puntos 12, 9.1 e 2 do CCC e na cláusula 4.7 do PCAP e no PPT.

As proposicións presentaranse en tres (3) sobres pechados, con tantos sub-sobres en cada un deles como lotes a que se opte, segundo se especifica no punto 4.7 do PCAP.

c) Lugar da presentación:

– Entidade: as proposicións presentaranse no rexistro xeral da entidade pública Portos de Galicia.

– Enderezo: praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas (Área Central).

– Localidade e código postal: 15707 Santiago de Compostela.

– Teléfono: 902 40 08 70.

– Fax: 981 54 53 24.

Tamén poderán presentarse por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo durante o cal o licitador se obriga a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura pública das proposicións económicas.

e) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa determinarase en virtude da aplicación dos criterios establecidos no punto 14.1 do CCC.

f) Variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas de Portos de Galicia.

b) Enderezo: praza de Europa, nº 5-A, 6º, polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: 15707 Santiago de Compostela.

d) Data de apertura: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contado desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. En caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

No acto público de apertura do sobre B, a mesa fixará e dará publicidade á data, lugar e hora en que se procederá á apertura do sobre C.

e) Hora: 12.00 horas.

Se por algún motivo houbese que modificar a data de realización dalgún acto público de apertura de proposicións, reflectirase a nova data no perfil de contratante.

9. Outras informacións.

A mesa de contratación, en cumprimento do disposto na cláusula 4.8.1.b) do PCAP, comprobará en acto previo a documentación administrativa (sobre A) e publicará no perfil de contratante e no taboleiro de anuncios dos servizos centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, se é o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na devandita documentación.

10. Gastos do anuncio.

Os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio de licitación do contrato ao Diario Oficial da Unión Europea (DOUE): 6 de novembro de 2012.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia