Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42130

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se fai a solicitude de ofertas para a adxudicación da venda de aceiro procedente dos residuos procesados na planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible do Complexo Ambiental de Cerceda (expediente NC 0012/2012).

Data límite para a presentación das ofertas: 26 de novembro de 2012, ás 13.00 horas.

Data de apertura do sobre B: 10 de decembro de 2012, ás 11.00 horas.

– O prego para o concurso poderá retirarse a partir desta data en:

• www.sogama.es, epígrafe do perfil do contratante.

• Oficinas da sociedade en Morzós nº 10, As Encrobas-Cerceda, 15187 A Coruña.

– A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós nº 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña), teléfono: 981 69 85 00.

– O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Cerceda, 5 de novembro de 2012

Luis Lamas Novo
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.