Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42056

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 24 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se emprazan os interesados nos expedientes de subvención para fomento da forestación de terras non agrícolas número 11150086/2007 e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícanselles aos interesados, que se sinalan no anexo deste anuncio, as resolucións dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención números 11150086/2007, 11150089/2007, 11150090/2007, 11150163/2007, 11150178/2007, 11150180/2007, 11150181/2007 e 11150187/2007 (Orde do 11 de xuño de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007 as axudas para o fomento da forestación de terras non agrícolas).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselles aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación da resolución, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Este anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150086/2007.

Interesado: José Ismael Pena Bua.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 58. 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150089/2007.

Interesado: Juan Alvite Alvite.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 58. 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150090/2007.

Interesado: José Ozón Fernández.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 58. 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150163/2007.

Interesado: José Paz Toba.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 58. 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150178/2007.

Interesado: Antonio Díaz Trillo.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 58. 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150180/2007.

Interesado: Ubaldino Carreira Mouzo.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 58. 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150181/2007.

Interesado: Manuel Priegue Martínez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 57. 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150187/2007.

Interesado: Jesús Quintáns Trillo.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 57. 15129 Vimianzo (A Coruña).